Quén Somos

Como nace Iforest.es
Iforest.es, xorde no verán de 2017, como solución ante unha necesidade detectada: A falta de visibilidade das empresas do sector forestal/madeira en internet e a súa escasa dixitalización.

Tras unha análise preliminar do mercado, Rodrigo Bravo Torres; decide poñerse en contacto con José Manuel Domínguez Sanmartín, antigo compañeiro de traballo, especializado en desenvolvemento web; para proporlle a creación dun directorio online.

O proxecto foi inscrito e admitido no espazo de Coworking que a EOI e o IGAPE organizan, nas instalacións do CIS Madeira no Parque Tecnolóxico de Galicia. Dentro do programa, grazas ós consellos dos mentores e ó feedback aportado polos coworkers; o proxecto transformouse nun portal vertical, con paquetes de servizos escalábeis a distintos modelos de negocio, onde se pode obter información, dixitalización a medida, formación especializada e produtos do sector forestal/madeira.
i

INX. INFORMÁTICO E FUNDADOR

Jose M. Domínguez

Para José Manuel, o desenvolvemento web é unha das súas paixóns. Enténdeo como solución de comunicación eficiente, para que un negocio prospere de forma axeitada. Analiza a fondo as necesidades do cliente, para lograr solucións de éxito en cada proxecto. Traxectoria profesional de 17 anos, principalmente baixo a marca Xolda Deseño e na formación sobre deseño web e aplicacións móbiles.
i

REL. LABORAIS E FUNDADOR

Rodrigo Bravo

Rodrigo Bravo, con 10 anos de experiencia no sector de Contact Center, está especializado na implementación de sistemas de información xeográfica (GIS), integrando e relacionando (usuarios, hardware, software, procesos) e na xestión de proxectos de loxística, atención ó cliente e comunicación; como coordinador da central operativa do 065 e ó Plan de Transporte Público de Galicia.
Oito razóns para traballar con Iforest
Recoñecentos
Desde o lanzamento do proxecto ao mercado, no mes de setembro de 2018, Iforest.es, recibiu varios recoñecementos polo seu carácter innovador.

No mes de outubro resultou beneficiario do Plan Social de Ence Pontevedra, no apartado de Emprendemento e Innovación.

Dirixido a empresas, colectivos, entidades e persoas físicas para o financiamento de proxectos de autoemprego e emprendemento empresarial incidindo na mellora do Medio Ambiente, o aproveitamento sustentable dos recursos naturais e a xeración de emprego no ámbito territorial, preferiblemente en áreas e actividades directa ou indirectamente relacionadas coas de ENCE.
No mes de decembro, o xurado do II Premio Cámara de Comercio ao Proxecto Innovador Forestal, outorgou un accésit de 2.000 euros a Iforest.es, presentado por Rodrigo Bravo e José M. Domínguez.

Nun acto celebrado no Pazo de Mugartegui de Pontevedra, onde se destacou que o proxecto pretende dar resposta á falta de visibilidade das empresas do sector forestal e madeireiro na internet e á ausencia de sistemas de xestión ou plans de formación axeitados ás súas necesidades.
O ano 2019, comezou cun novo recoñecemento, xa que no mes de xaneiro o proxecto Iforest.es, foi cualificado pola Consellería de Economía , Emprego e Industria como Iniciativa de emprego de base tecnolóxica, asignándolle o número : 66/302/2019/IEBT.

Unha IEBT ou “Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica” é unha calificación específica para proxectos empresariais que cumpren unha serie de características e que se consideran como de especial interese debido a que poden constituírse en “motores dinamizadores da sociedade do coñecemento e a xeración de emprego cualificado”, segundo a propia Consellería.